Nado no Concello de Nigrán en 2022, Cinema a Pedal é un festival de cinema que promove a mobilidade sustentable a través da linguaxe audiovisual como ferramenta de reflexión e transformación social. A súa programación reúne curtametraxes e longametraxes de ficción, documental, animación e cinema experimental, tanto de procedencia estatal como internacional, nas que a bicicleta se converte en protagonista, ben como elemento narrativo, ben como motor da trama ou como fío condutor das historias.
Cinema a Pedal nace coa vontade de levar o cine fóra das salas convencionais, conectándoo co territorio, co espazo público e cunha forma máis consciente de desprazarse e habitar o mundo.
Desde a súa creación, Cinema a Pedal medrou edición tras edición como un proxecto cultural itinerante, accesible e comprometido. A bicicleta non é só unha temática recorrente, senón tamén un símbolo dunha maneira de facer: lenta, colectiva, sostible e próxima ás persoas.
Cinema a Pedal celébrase de maneira anual desde 2022, consolidándose como un festival que medra edición tras edición e percorre diferentes formatos, espazos e territorios.
Na edición 2026, o festival estrutúrase en tres etapas que marcan o ritmo do proxecto ao longo do ano:
O Ecomercado forma parte das sesións de Cinema a Pedal ao aire libre e terá lugar os días 7 e 8 de agosto. Trátase dun espazo destinado a proxectos de venda e alimentación sostible, en coherencia cos valores do festival.
Un punto de encontro para iniciativas locais e responsables que apostan por outra maneira de producir, consumir e relacionarse.
Súmate ao Ecomercado de Cinema a Pedal e forma parte desta edición.
O festival medra e busca novos territorios para seguir pedalando cine, sustentabilidade e comunidade. Se queres levar Cinema a Pedal ao teu concello, escríbenos e estudaremos xuntas como formar parte do percorrido.