NIGRÁN | 7 E 8 DE AGOSTO | 16 AO 20 DE SETEMBRO

PROGRAMACIÓN

A programación, etapa a etapa

INSCRICIÓNS Á CONVOCATORIA 2026 ABERTAS INSCRICIÓNS Á CONVOCATORIA 2026 ABERTAS INSCRICIÓNS Á CONVOCATORIA 2026 ABERTAS
INSCRICIÓNS Á CONVOCATORIA 2026 ABERTAS INSCRICIÓNS Á CONVOCATORIA 2026 ABERTAS INSCRICIÓNS Á CONVOCATORIA 2026 ABERTAS

A programación de Cinema a Pedal constrúese como un percorrido que avanza por etapas, do chamamento ás películas ata os encontros co público, mantendo sempre aberto o camiño cara a novos territorios.

 

A programación completa da edición 2026 publicarase proximamente. Nesta páxina iranse incorporando, de maneira progresiva, os títulos seleccionados, os horarios, as sedes e as actividades de cada etapa do festival.

ETAPA Nº.1 | Convocatoria aberta

Desde o 20.01.2026 ata o 31.05.2026

Durante esta primeira etapa está aberta a convocatoria oficial de películas. A selección das obras que formarán parte da programación 2026 realizarase a partir das inscricións recibidas.

ETAPA Nº.2 | CINEMA A PEDAL AO AIRE LIBRE

7–8.08.2026

Esteiro da Foz

Proxeccións abertas e gratuítas en espazos públicos, pensadas para todos os públicos e en contacto directo co territorio.

Proxeccións

Selección de películas proxectadas durante as dúas xornadas do festival.

Ecomercado

O Ecomercado forma parte das sesións de Cinema a Pedal ao aire libre. Un espazo para proxectos de venda e alimentación sostible, en coherencia cos valores do festival.

ETAPA Nº.3 | Cinema a Pedal en sala

16–20.09.2026

A Ramallosa

Programación en sala que reúne a selección oficial de curtametraxes e longametraxes e crea un espazo de encontro entre creadoras e público.

ETAPA Nº.4 | A seguinte parada pode ser ...

no teu municipio

Cinema a Pedal busca novos territorios para seguir pedalando cine, sustentabilidade e comunidade. Se queres que o teu concello forme parte do percorrido do festival, escríbenos e estudaremos xuntas como facer posible unha nova etapa.

A programación de Cinema a Pedal complétase paso a paso, a pedais.

Este festival se mueve a pedales… y la web también | 🍪Usamos cookies para que todo ruede bien. Tú decides cuáles.    Más información
Privacidad