NIGRÁN | 7 E 8 DE AGOSTO | 16 AO 20 DE SETEMBRO

PROGRAMACIÓN

A programación, etapa a etapa

PROGRAMACIÓN CINEMA A PEDAL 2026 PROGRAMACIÓN CINEMA A PEDAL 2026 PROGRAMACIÓN CINEMA A PEDAL 2026

A programación de Cinema a Pedal constrúese como un percorrido que avanza por etapas, do chamamento ás películas ata os encontros co público, mantendo sempre aberto o camiño cara a novos territorios.

CONVOCATORIA

Ata o 31 maio 2026

Cinema a Pedal ao aire libre

7 e 8 de agosto 2026

Cinema a Pedal en sala

16 ó 20 de setembro 2026

ETAPA Nº.1 | Convocatoria aberta

Desde o 20.01.2026 ata o 31.05.2026

La convocatoria 2026 está cerrada

ETAPA Nº.2 | CINEMA A PEDAL AO AIRE LIBRE

7–8.08.2026

Esteiro da Foz

Proxeccións abertas e gratuítas en espazos públicos, pensadas para todos os públicos e en contacto directo co territorio.

VENRES 7 DE AGOSTO

18:00–21:00h

Xogando Miudiño

A bici do elefante 1
22:00 h

A bici do elefante
Olesya Shchukina

La-bicicleta-de-Bartali-fotograma-4
22:10 h

A bicicleta de Bartali
Enrico Paolantonio

VENRES 7 DE AGOSTO

18:00–21:00h

Xogando Miudiño

22:00 h

A bici do elefante Olesya Shchukina

22:10 h

A bicicleta de Bartali
Enrico Paolantonio

SÁBADO 8 DE AGOSTO

18:00–21:00h

Xogos Tradicionais de SororAs

Beauty (6)
21:45 h

Beauty
Eduardo Muñoz e José del Corral

Estrano río 0
22:15 h

Estrany riu
Jaume Claret Muxart

SÁBADO 8 DE AGOSTO

18:00–21:00h

Xogos Tradicionais de SororAs

21:45 h

Beauty
Eduardo Muñoz e José del Corral

22:15 h

Estrany riu
Jaume Claret Muxart

COMO FUNCIONA

PRECISÁMOSTE

NOS PEDAIS

PORQUE SEN TI, NON HAI CINEMA 💛

Proxeccións

Selección de películas proxectadas durante as dúas xornadas do festival.

Ecomercado

O Ecomercado forma parte das sesións de Cinema a Pedal ao aire libre. Un espazo para proxectos de venda e alimentación sostible, en coherencia cos valores do festival.

ETAPA Nº.3 | Cinema a Pedal en sala

16–20.09.2026

A Ramallosa

Programación en sala que reúne a selección oficial de curtametraxes e longametraxes e crea un espazo de encontro entre creadoras e público.

16 DE SETEMBRO

17:00

CURTAS: CAMIÑOS SECUNDARIOS

Vinte persoas reúnense nun proxecto chamado “Teatro Rodante” para crear unha obra teatral comunitaria na que os saberes tradicionais, a ecoloxía e as relacións persoais sexan os temas fundamentais.

Unha vez creada a obra, levarana a distintos lugares a través dunha viaxe en bicicleta, onde a peza cobrará un novo sentido ao ser compartida.

Proxecto impulsado e desenvolvido pola Asociación Mar de Tierras (Madrid).

Álex, un mozo rider que está realizando unha entrega urxente, queda illado nun espazo industrial abandonado cando a aplicación de xeolocalización comeza a fallar. Coa presión do tempo botándoselle enriba, consegue contactar co servizo de atención. Ao outro lado só atopa unha IA incapaz de comprender a súa situación real, que responde con protocolos ríxidos e solucións inútiles mentres a angustia vai en aumento.

Unha rapaza decide limpar a súa vella bicicleta e dar un paseo tranquilo xunto ao mar. Confía en que isto fará que se sinta mellor.

19:00 h

CURTAS: RESISTENCIAS

The Women of Two Cities viaxa entre Singapur e Nepal para contar as historias de dúas mulleres de xeracións e contextos moi diferentes que desafían os papeis que a tradición lles asignou. Lim Kim Yan, unha enfermeira xubilada de 72 anos, renunciou ao matrimonio para dedicar a súa vida ao servizo dos demais e continúa poñendo os seus coñecementos médicos ao servizo de comunidades empobrecidas de Nepal e da India. Rabina, unha moza do Nepal rural, loita por continuar os seus estudos mentres asume responsabilidades familiares e traballa na tenda da súa familia. A pesar das diferenzas, ambas comparten a vontade de decidir sobre as súas propias vidas fronte ás presións sociais, familiares e culturais. Un retrato de liberdade, perseveranza e sobre a capacidade de construír o propio destino.

Despois de media vida dedicada ao Camiño de Santiago, Asunción Arias tiña unha conta pendente: poder vivilo ela mesma. A polio que sufriu na infancia provocoulle unha discapacidade do 69 % e impediulle ata entón percorrer o Camiño como peregrina. En 2023, coa axuda de DisCamino e a súa handbike, emprende a viaxe desde Ponferrada ata Santiago de Compostela. Ao longo do percorrido, Asun descobre unha nova maneira de vivir o Camiño, entre esforzos, emocións e encontros, e pon de manifesto o enorme valor humano dunha experiencia que fai da inclusión e da solidariedade unha parte esencial do espírito xacobeo.

3000KM-poster-MDQ
21:00 h

3000 KM EN BICICLETA

17 DE SETEMBRO

17:00h

CURTAS INFANTÍS

Na cultura tradicional chinesa, os ovos vermellos simbolizan a fortuna e a felicidade. Nun día cheo de significado, Aileen, unha nena de sete anos criada no rural, emprende viaxe cara á cidade levando consigo un ovo vermello, un agasallo precioso para a persoa que máis quere. Cando a súa bicicleta falla a medio camiño, un repartidor peculiar pero bondadoso convértese inesperadamente no seu protector nesta aventura. Esta conmovedora historia retrata o doce e amargo camiño do crecemento.

Bici é unha bicicleta de montaña que viaxa á cidade de Afuá, no arquipélago de Marajó, para vivir aventuras. Abandonada despois de sufrir un accidente, terá que aprender a reconstruírse e a atopar novos sentidos na súa vida mentres coñece unha cidade e unha sociedade na que o único medio de transporte son as bicicletas.

América, unha nena de dez anos, camiña durante dúas horas desde a súa comunidade andina no Perú para chegar á escola. Se volve chegar tarde, perderá o curso. Para evitalo, decide mercar unha bicicleta e, ao intentar reunir os cartos, descobre un potencial nas súas chamas. 

New York International Children’s Film Festival 2025 | ¡Hola Cine! & Best of the Fest — Premio do Xurado á Mellor Curta de Imaxe Real e Premio do Público, categoría Grown Ups.

Jesús é un neno fillo dunha familia de vaqueiros. Todos os días viaxa a cabalo co seu pai, José, ata a escola. As inclemencias do tempo non perdoan a súa infancia e, apenas co necesario para subsistir, Jesús, coa axuda da súa nai, María, idea un plan para conseguir cartos.

Esta historia de superación desenvólvese no bosque seco chiquitano de Bolivia, durante o desastre natural provocado polos incendios forestais. A historia reflicte o día a día das comunidades máis afastadas de Bolivia.

18:30 h

CURTAS: A SEGUINTE CURVA

Beauty (2)
20:00h

Beauty

Rodando - poster

+ Rodando

El viento y todos los tiempos 1
22:00 h

El viento y todos los tiempos

18 DE SETEMBRO

17:00 h

CURTAS INFANTIS

CURTAS: A CONTRAPEDAL

Zazu, ás portas da adolescencia e en plena procura da súa identidade, debe escoller entre desempeñar un papel predeterminado na festa da súa vila ou ser fiel aos seus sentimentos.

Cara de bicicleta é un ensaio audiovisual que reflexiona sobre a relación entre a muller e a bicicleta desde unha mirada contemporánea. Fragmentos de películas, imaxes de arquivo, textos, escenas de ficción e sons de bicicleta conforman esta colaxe audiovisual que pretende ser un canto á liberdade da muller, á súa capacidade de loita e resistencia.

O punto de partida é un feito histórico que nos remonta a finais do século XIX, cando as mulleres comezaron a andar en bicicleta. Foi entón cando se diagnosticou unha enfermidade inventada co obxectivo de disuadir as mulleres de utilizar este medio de transporte.

León regresa á Cidade de México despois de dez anos. Non debemos volver ao lugar onde fomos felices: nunca é o mesmo, aínda que o pareza. Reencóntrase con Lalo e pasean polos lugares que marcaron a súa adolescencia e o seu primeiro amor. Non se pode loitar contra o tempo, pero o encontro pode sandar unha ferida. León quere saber que foi de Mariela; Lalo necesita que o seu amigo volva miralo coa tenrura do pasado.

Desperté con un sueño - poster
20:30 h

DESPERTÉ CON UN SUEÑO

Tres adioses
22:00 h

TRES ADIOSES TRE CIOTOLE

19 DE SETEMBRO

11:00 h

OBRADOIRO PAPER CINÉTICO

Que pasa cando unha imaxe inmóbil comeza a moverse? Moito antes das pantallas, os primeiros dispositivos ópticos xa eran capaces de crear ilusións de movemento e imaxes en tres dimensións. Neste obradoiro achegarémonos a estes pequenos trebellos que están na orixe do cinema e da animación para descubrir o seu funcionamento a través do xogo e da experimentación.

A partir de materiais sinxelos como o papel e o cartón, cada participante construirá os seus propios xoguetes precinematográficos: un estereoscopio, que permite visualizar imaxes en tres dimensións, e un fenaquistoscopio, un dos primeiros dispositivos capaces de crear a ilusión de movemento.

Paper cinético propón así un laboratorio práctico arredor da imaxe, o movemento e a percepción, reivindicando tamén as posibilidades do papel como soporte creativo capaz de transformar, animar e contar historias.

No marco de Cinema a Pedal, o obradoiro estará recomendado para nenas e nenos maiores de 8 anos e terá unha duración de 120 minutos. A actividade é gratuíta, con prazas limitadas.

12:00 h

Presentación libro Señoras en bicicleta

A invención da bicicleta supuxo un importante cambio nas formas de transporte e, especialmente para as mulleres, abriu novas posibilidades de liberdade e autonomía. Nas primeiras décadas do invento, montar en bicicleta permitiulles conquistar novos espazos de liberdade, contribuíu ao movemento sufraxista, impulsou cambios na forma de vestir e mesmo abriu novas posibilidades como medio de vida.

Pero aquelas primeiras ciclistas tamén tiveron que desafiar os prexuízos dunha sociedade que tiña moi definidos o papel e a imaxe que se esperaba delas.

Sobre esta historia, as xornalistas Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez escribiron Señoras en bicicleta, unha crónica dos vibrantes primeiros anos da bicicleta e da súa relación coas mulleres, que combina o rigor e o coidado na investigación cunha mirada non exenta de humor.

No marco de Cinema a Pedal terá lugar a presentación do libro, coa participación das autoras e cun petisco para compartir.

18:00h

Pedaladas libres: encontro sobre cinema, bici e xénero

A bicicleta está asociada á mobilidade, á autonomía e á conquista do espazo público, pero tamén pode ser unha ferramenta para cuestionar os roles, os límites e os imaxinarios que condicionan quen pode ocupar eses espazos e de que maneira.

Desde o cinema e a creación audiovisual, a bicicleta ofrece tamén outras posibilidades: representar corpos e identidades, explorar novas formas de relación co territorio ou construír relatos que desafíen as miradas e os modelos establecidos.

En Pedaladas libres, a artista e cineasta Carla Andrade, a programadora Alejandra Frechero e a cineasta Maren Zubeldia compartirán perspectivas e experiencias arredor do cinema, a bicicleta e as cuestións de xénero. A conversa estará moderada pola xornalista María Ramos, coautora de Señoras en bicicleta, e abordará a representación, a creación e a capacidade das imaxes para ampliar os referentes e abrir novas formas de mirar o mundo.

20:00 h

CLAUSURA + PROXECCIÓN + PETISCO

20 DE SETEMBRO

12:00 h

BICIS SOLIDARIAS

Dúas iniciativas galegas demostraron que unha bicicleta pode ser moito máis ca un medio de transporte. DisCamino naceu en 2009 co propósito de facer posible que persoas con discapacidade poidan cumprir o soño de chegar a Santiago, empregando a bicicleta como ferramenta para superar barreiras e compartir o Camiño. Recycling, pola súa banda, xurdiu en Lalín coa vontade de dar unha segunda vida ás bicicletas que xa non se usan e poñelas ao servizo de quen as necesita; desde a súa creación, reuniu máis de 4.000 bicicletas e entregou arredor de 3.000.

Neste encontro, José Seixo, representante de Recycling, e un representante da asociación DisCamino, compartirán as orixes de ambas as iniciativas, as experiencias acumuladas ao longo destes anos e as posibilidades que ofrece a bicicleta como ferramenta de inclusión, solidariedade e transformación social. Tamén falarán das diferentes formas de colaborar cos seus proxectos e de como cada persoa pode contribuír a que estas iniciativas sigan medrando.

18:00 h

PEDALEAMOS POR MAURI

O cinema tamén pode contribuír a apoiar causas que necesitan visibilidade e colaboración. Pedaleamos por Mauri é unha sesión solidaria que une cine e literatura para apoiar a campaña Unha cura para Mauri, destinada a contribuír ao tratamento e á investigación da enfermidade de Alexander, unha enfermidade ultrarrara que padece un neno de Nigrán.

A sesión comezará coa proxección de Lost, un videolibro da escritora e ilustradora nigranesa Soledad García Riveiro, que estará presente para desenvolver un contacontos arredor da obra. A continuación, proxectarase o filme gañador do Premio do Público á mellor curta Infantil desta edición, escollido polas nenas e nenos asistentes ás sesións do festival.

ETAPA Nº.4 | A seguinte parada pode ser ...

no teu municipio

Cinema a Pedal busca novos territorios para seguir pedalando cine, sustentabilidade e comunidade. Se queres que o teu concello forme parte do percorrido do festival, escríbenos e estudaremos xuntas como facer posible unha nova etapa.

A programación de Cinema a Pedal complétase paso a paso, a pedais.

A BICI DO ELEFANTE - "LE VÉLO DE L'ÉLÉPHANT"

Un elefante vive nunha cidade coma calquera outra persoa e traballa como varredor. Un día descobre un enorme anuncio publicitario dunha bicicleta perfecta para o seu tamaño. Desde ese intre, a súa vida cambia por completo: fará todo o posible por conseguila.

A BICICLETA DE BARTALI - " LA BICICLETTA DI BARTALI"

Durante a Segunda Guerra Mundial, o campión italiano Gino Bartali utilizou a súa bicicleta para transportar documentos falsificados ocultos no cadro, contribuíndo a salvar centos de persoas xudías da persecución nazi. Inspirada na súa historia, esta emocionante película segue a amizade entre David, un rapaz xudeu israelí, e Ibrahim, un rapaz musulmán palestino, unidos pola paixón polo ciclismo. 

Un fermoso canto á tolerancia, á amizade e á solidariedade que reivindica o deporte como unha ponte capaz de derrubar prexuízos e achegar persoas de culturas diferentes.

BEAUTY

Alejandro perdeu unha perna aos 14 anos. O accidente, seguido do acoso escolar, levouno a atravesar unha profunda depresión, mais decidiu converter a dor nun motor de cambio. Hoxe é enxeñeiro mecánico e unha referencia internacional no deseño de ortopróteses, creando solucións nacidas da súa propia experiencia para mellorar a vida das persoas amputadas. No festival Marisquiño de Vigo, atópase con outras persoas con corpos diversos que, coma el, desafían os estereotipos e reivindican novas formas de habitar o mundo. 

Un documental inspirador sobre a beleza que nace da diferenza e sobre a conquista da autonomía, da dignidade e da liberdade de movemento.

ESTRAÑO RÍO - "ESTRANY RIU"

Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calorosos, un encontro inesperado cambia o rumbo da viaxe: un misterioso rapaz aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Dídac, senón que tamén comeza a transformar a relación coa súa familia.

3000 KM EN BICICLETA

Iñaki Mazza é un campión olímpico de BMX que se retira aos seus vinte anos en crise co mundo do deporte e consigo mesmo. Pero cando a súa compañeira Abyss empeza a enviarlle mensaxes de amor en forma de poemas desde o seu lugar de rehabilitación no fin do mundo, decide subirse de novo á súa bicicleta e atravesar a Patagonia arxentina para reencontrarse con ela, nunha viaxe que tamén é unha procura sobre a súa propia identidade.

RODANDO

“Rodamos para vivir, vivimos para rodar”: adéntrase na vida de catro entrañables mozos que fan BMX. Durante dous días intensos de rodaxe, o equipo técnico envólvese e contempla fascinado como o seu mundo e o deles entrelázanse. Nese encontro nace un vínculo xenuíno, forxado polo amor ao que fan, que lles fai darse conta de que despois de todo non son tan distintos.

EL VIENTO Y TODOS LOS TIEMPOS

Anos despois, a directora Carla Valencia Dávila redescobre os vídeos duna viaxe en bicicleta que fixo por Uruguai na súa xuventude. As tomas de estradas ondulantes, hoteis desérticos e encontros inesperados fana reflexionar. Sente como se os gravase outra persoa.

Algunhas das imaxes non as lembra, mentres que outras cobraron un significado totalmente novo á luz da súa experiencia de vida. Reedita o vídeo converténdoo nunha road movie que viaxa pola súa propia memoria, atopa anotacións no seu diario para acompañar as tomas e compleméntaas con filmes familiares, metraxe atopada (found footage) e bobinas de Super-8. O vento convértese nun motivo recorrente, presente en case todos os seus vídeos.

Con El viento y todos los tiempos, crea unha viaxe polo seu propio pasado e polo do continente que deu forma á súa familia. O seu pai fuxiu de Chile de mozo e, nunha visita de regreso durante a ditadura, atopou un país que xa non recoñecía. Resultou que, sendo adolescente, a súa nai tivo a mesma experiencia traumática que Carla tería máis tarde. Coa axuda de imaxes aparentemente casuais, a cineasta establece conexións entre a súa propia historia e a dos seus seres queridos.

DESPERTÉ CON UN SUEÑO

Felipe ten un soño: está no escenario actuando con paixón mentres a súa nai, a súa avoa e o seu falecido pai o observan con entusiasmo desde o público. Ao espertar, a realidade volve atrapalo. Pasa o día en bicicleta cos seus amigos, con quen tamén forma parte dun grupo de teatro, e polas noites escribe as súas propias obras. Porén, ocúltalle á súa nai que está a tomar clases de interpretación, xa que na realidade de Mara non hai lugar para ese tipo de soños e non lle gusta nada falar de teatro. Cando convidan a Felipe a unha audición e se ve enfrontado a segredos familiares e enganosos, as liñas entre o soño e a realidade, a verdade e a mentira, e a ficción e a vida real fanse cada vez máis difusas.

TRES ADIOSES (TRE CIOTOLE)

Logo do que parecía unha discusión sen importancia, Marta (Alba Rohrwacher) e Antonio (Elio Xermano) sepáranse. El, un chef prometedor, refúxiase nos seus fogóns; ela, no seu silencio, empeza a notar algo máis que tristeza: perdeu o apetito… e non só por desamor. Cando descobre que detrás hai un problema de saúde, todo dá un xiro inesperado: a comida sabe mellor, a música chégalle como nunca e o desexo esperta as súas ganas de vivir sen medo.

Unha historia sobre o amor, a vida e eses momentos que o cambian todo para sempre.

CURTAS BLOQUE 1 - CAMIÑOS SECUNDARIOS

TEATRO RODANTE

Vinte persoas reúnense nun proxecto chamado “Teatro Rodante” para crear unha obra teatral comunitaria na que os saberes tradicionais, a ecoloxía e as relacións persoais sexan os temas fundamentais.

Unha vez creada a obra, levarana a distintos lugares a través dunha viaxe en bicicleta, onde a peza cobrará un novo sentido ao ser compartida.

Proxecto impulsado e desenvolvido pola Asociación Mar de Tierras (Madrid).

Este festival se mueve a pedales… y la web también | 🍪Usamos cookies para que todo ruede bien. Tú decides cuáles.    Más información
Privacidad