Cinema a pedal combina o amor polo cinema, o pracer de andar en bicicleta, a convivencia co medio, a toma de conciencia sobre as vantaxes de levar unha vida saudable e o uso de enerxías renovables.
A proposta é gozar dunha escolma de películas, tanto clásicas como contemporáneas, que teñen como tema principal o uso das bicicletas. Con todo, non só se trata de ver cinema; hai que pedalear para velo!