Na súa quinta edición, Cinema a Pedal dá unha nova pedalada e convértese por primeira vez nun certame competitivo, abrindo convocatoria oficial de películas.
Buscamos curtametraxes e longametraxes nas que a bicicleta teña un papel protagonista, ben como elemento narrativo, ben como motor da trama ou como fío condutor das historias, sempre en diálogo cos valores que definen o festival: mobilidade activa, sustentabilidade e compromiso social.